Fondos públicos

FONDOS PÚBLICOS

 

ISMAEL. Intelligent support for medical physicians based on artificial inteligence (exp.ITC-20181036)
ISMAEL propón o desenvolvemento dunha ferramenta de apoio aos profesionais sanitarios durante a consulta médica, reducindo o tempo necesario para o rexistro e procura de información na Historia Clínica Electrónica (HCE). Ademais, proporcionará unha listaxe de diagnósticos probables, contribuíndo así a incrementar a calidade asistencial e a seguridade dos pacientes.

 

A agrupación de empresas promotora do proxecto está liderada por PLEXUS.

TARGET. Sistema de aprendizaxe e targeting de servizos segundo preferencias do usuario (exp. IDI-20170756)

Este proxecto de Investigación e Desenvolvemento (PID) apoiado por CDTI ten por obxectivo, mediante un sistema de posicionamento e localización por wifi, desenvolver unha solución de aprendizaxe e targeting de servizos en base ás preferencias do usuario, que permita ademais establecer modelos e realizar predicións para facilitar a toma de decisións futuras.

CDTI

CAREBOT. Unidades robóticas intelixentes para a actividade asistencial ambulatoria (exp. ITC-20161129)

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento de unidades robóticas intelixentes de apoio ao paciente nos centros sanitarios para escenarios de actividade ambulatoria e seguimento domiciliario. Con isto búscase garantir unha atención personalizada e adaptada ao usuario, mellorando o nivel de calidade percibido, optimizando o traballo do profesional sanitario e facilitando a toma de decisións por parte da organización.

A agrupación de empresas promotora do proxecto está liderada por PLEXUS.

CDTI

GANADORA. Sistema para a mellora do sector gandeiro vacún e a protección da sanidade animal (exp. IDI-20160635)

Este proxecto de I+D individual do CDTI busca obter un sistema que mellore os procesos de produción do sector gandeiro vacún, mediante minería de datos, fluxos de procesos, sistemas de apoio á toma de decisións, alertas, etc., de xeito que se facilite o control de epidemias, alimentación e tratamentos veterinarios, e a capacidade de predición e xestión de riscos, entre outros.

En definitiva, trátase de incrementar a eficiencia e seguridade da explotación gandeira para mellorar a súa competitividade, así como a xestión de alertas sanitarias e riscos por parte das Administracións.

CDTI

SISTOLE. Novas tecnoloxías para información precisa de contornas reais con sistemas de localización emerxentes (exp. IDI-20120484)

O obxectivo do proxecto é a obtención dunha solución integrada na que, a partir dun sistema de localización preciso e fiable que soporte os requisitos presentes nas aplicacións de posicionamento máis críticas, se desenvolven tecnoloxías emerxentes para a optimización de rutas industriais e sistemas de información industrial baseados na realidade aumentada, máis as ferramentas de autoría correspondentes.

Trátase dun proxecto en cooperación liderado por Instalacións Inabensa S.A. que foi aprobado o 26/06/2012 na liña de Proxectos de I+D en Cooperación Nacional do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con número de expediente IDI-20120484.

CDTI

ACHEGAMED. Unidade de diagnóstico ubicuo asistido para a prevención, control e autoxestión de saúde (exp. ITC-20133085)

Ten como obxectivo acercar o seguimento sanitario ao paciente mediante o desenvolvemento dunha unidade con capacidade integral para a captura e almacenamento de parámetros biomédicos de forma segura, o seu procesado en tempo real e con posibilidades de comunicación cun servizo asistencial ante alertas ou valores patoloxicamente detectables.

Este dispositivo dará como resultado dous formatos comercializables con empregos diferenciados: un quiosco fixo con conexión directa aos sistemas asistenciais, e un sistema móbil de medición e asistencia clínica ubicua.

Este proxecto de colaboración está liderado por PLEXUS.

CDTI

iSOPHIE. Smart Oncology Personalised Healthcare Integral Ecosystem (exp. ITC-20151300)

Persegue o desenvolvemento dunha plataforma TIC sanitaria no dominio oncolóxico, orientada segundo os principios da medicina 4P (personalizada, participativa, predictiva e preventiva), a excelencia clínica e a calidade total.

O proxecto aborda os principais retos de profesionais e pacientes sometidos a procesos terapéuticos quimioterápicos: crecente complexidade na selección dos tratamentos máis axeitados para cada paciente, incorporación dos resultados da investigación xenética á práctica clínica, empoderamento do paciente oncolóxico, así como a mellora da comunicación nos escenarios intra e extra hospitalarios entre tódolos actores implicados na terapia.

Está liderado por Everis Spain S.L.

CDTI

MEET. Comité de Tumores Interdisciplinario para o seguimento integral de pacientes oncolóxicos (exp. ITC-20151165)

O seu obxectivo é lograr un sistema altamente visual e interoperable para apoiar a toma de decisións complexas nos comités de tumores.

Este sistema facilitará o acceso e visualización da información integrada do paciente oncolóxico, incluída a imaxe médica, así como todo o fluxo de traballo asociado ao seu proceso asistencial e de xestión, e onde tódolos perfís médicos involucrados estean perfectamente sincronizados e dispoñan da información axeitada para o traballo en colaboración.

O proxecto está liderado por Bahía Software S.L.U.

CDTI

VACADENA. Sistema de trazabilidade baseado en Blockchain para dotarmos de transparencia e seguridade a cadena alimentaria do sector cárnico (ref. RTC-2017-6031-2)

Mediante o proxecto VACADENA desenvolverase un complexo sistema de seguemento e trazabilidade da carne de vacún que implica toda a cadea alimentaria, dende o produtor/gandeiro ata o consumidor final, de xeito que, ademais da información obrigatoria, moita outra información facultativa estea integre nun único sistema que permita que sexa accesible (coas restricións oportunas) por calquear axente ou mesmo polo consumidor final. Para isto utilizaranse estándares EDI e EAN.UCC, así como tecnoloxías blockchain que permitan o intercambio de información, e a garantía absoluta da inalterabilidade de toda a información dixital relacionada coa trazabilidade.

Este proxecto está financiado polo FEDER e polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades - Axencia Estatal de Investigación.

INPAINK

DIABTS. Ferramenta para o descubrimento de novas variables implicadas na evolución da diabete (ref. RTC‐2017‐6038‐1)

Deseño e implementación de ferramentas informáticas desenvolvidas para plataformas centralizadas e móbiles, baseadas en análise de Big Data e algoritmos de redes neuronais, que posibiliten o seguemento de pacientes diabéticos e as variables relacionadas coa enfermidade, coa finalidade de realizar predicións sobre a posible evolución da súa enfermidade e todas as potencialmente asociadas.

Este proxecto está financiado polo FEDER e polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades - Axencia Estatal de Investigación.

INPAINK

INPAINK. Infraestrutura para presentación de información visual de baixo consumo e mantemento baseada en pantallas de tinta electrónica

Este proxecto foi aprobado na convocatoria Retos-Colaboración 2016 do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

O proxecto está promovido por PLEXUS en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid. Busca desenvolver unha infraestrutura integral para a presentación de información visual de baixo mantemento e baixo consumo, baseándose en etiquetas de tinta electrónica.

Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea. Para o caso desta convocatoria, o obxectivo é “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”

INPAINK

VITAL UWB (exp. TSI-1100103-2014-35)

Tamén da convocatoria de axudas para a realización de proxectos no marco da Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital, PLEXUS desenvolveu o proxecto Monitorización non intrusiva de constantes vitais con tecnoloxía Ultra Wide Band (VITAL UWB) co número de expediente TSI-100103-2014-35.

VITAL UWB expón a creación dun sistema non intrusivo para a monitorización a distancia do ritmo respiratorio e cardíaco dunha persoa empregando tecnoloxía Ultra Wide Band dende unha distancia de entre 1-2 metros.

Este proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2013-2016.

MinTur

AVECEN. Asistente virtual para o envellecemento activo de persoas con enfermidades mentais neurodexenerativas (exp. IN852A 2018/80)

Axuda concedida: 394.965,10 euros.

O obxectivo do proxecto AVECEN é o desenvolvemento dunha plataforma distribuída que permita a autoxestión das enfermidades mentais neurodexenerativas por parte dos pacientes, así como a toma de decisións por parte dos profesionais médicos e coidadores da súa contorna. Para iso, proponse a creación dun asistente virtual dinámico que monitoriza e avalía de maneira continuada a execución de certas rutinas clínicas, realizando recomendacións adaptadas ao estado do paciente e avaliando o seu comportamento habitual para valorar a evolución do seu estado de saúde.

A agrupación promotora do proxecto está liderada por PLEXUS e participan como socios Arcade Consultores S.L., Imagames gamification Services S.L. e Insati Innovation S.L.

PLEXUS, como responsable da actividade 2, Plataforma baseada en computación móbil no bordo, durante a segunda anualidade do proxecto finalizou a toma de requisitos e a definición dos casos de uso que deberá cumprir a plataforma para responder as necesidades dos usuarios (pacientes, persoal médico e coidadores) e as funcionalidades tanto dos nodos no bordo, como das aplicacións na nube.

Así mesmo estableceuse a arquitectura da plataforma e desenvolvéronse os repositorios que conteñen a información sobre o estado médico de cada paciente, as enfermidades mentais dexenerativas, as rutinas clínicas e tratamentos prescritos, así como, doutra banda, os resultados das actividades gamificadas, comportamentos dos pacientes e as alarmas xeradas, entre outra información relevante para a xestión daqueles.

CADELA. Asistente para o diálogo en linguaxe empática asistido por ordenador (exp. IN852A 2018/36)

Axuda concedida:  303.873,81 euros.

O proxecto CADELA ten coma principal meta a asistencia directa á terceira idade por medio do achegamento de novas tecnoloxías no ámbito da intelixencia e empatía artificiais, empoderando aos nosos maiores no emprego desta clase de tecnoloxías. Proponse así o desenvolvemento dun asistente virtual intelixente co que se poida interactuar preferentemente a través da voz do seu usuario, coa capacidade de adaptarse ás temáticas de interese (saúde, lecer, etc.) de cada usuario particular, ademais de poder empatizar co seu estado de ánimo mediante tecnoloxías de análise de sentimento e comportamento.

A agrupación promotora do proxecto está liderada por Serviguide Consultoría S.L. e, ademais de PLEXUS, participan coma socios Factoría de Software e Multimedia S.L. e Scio Soft S.L.

CATCH. Clean Air Technology Change (exp. IN852A 2016/125)

Axuda concedida: 391.092,67euros. 

O alcance do proxecto céntrase na xestión eficiente de cidades intelixentes, as súas infraestruturas e a protección ao cidadán, mediante o desenvolvemento dunha ferramenta integral de predición, seguimento, control e redución de emisións gasosas, incluíndo gases de efecto invernadoiro (GEI) e material particulado entre outros, que afectan á calidade do aire, incidindo, ademais, no seguimento, control e redución do consumo enerxético. 

A agrupación promotora do proxecto está liderada por Serviguide Consultoría, S.L. e, ademais de PLEXUS, participan como socios Bahía Sofware S.L.U., Sistemas Audiovisuales Itelsis S.L., e 4Gotas Atmósfera y Océano S.L. Contou, así mesmo, coa colaboración do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e o Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC.

Resultados do proxecto:

CATCH facilita ás administracións locais e grandes corporacións o cumprimento dos compromisos derivados da súa política ambiental e a toma de decisións para mellorar o desempeño enerxético. Contribúe así á redución de emisións de GEI e outros contaminantes para evolucionar cara a unha Smart City do seguinte xeito:

        •        Permitindo informar á poboación sobre o consumo enerxético dos servizos municipais e a efectividade das medidas de mellora da eficiencia enerxética e impacto ambiental.

        •        Favorecendo a inclusión nos criterios de contratación pública da subministración de equipos e instalacións máis eficientes.

        •        Incorporando a xestión enerxética e a redución das emisións nas prácticas habituais da xestión municipal.

        •        Aproveitando os beneficios das TIC e do Big Data para mellorar a calidade, precisión, xestión e explotación de datos.

        •        Mellorando o desempeño enerxético e orientando os investimentos para minimizar o impacto ambiental.

O proxecto concluíu en novembro de 2018.

Para máis información, pode consultarse a web do proxecto.

Programa PRINCIPIA (exp. 027-IN848C2018/1650075)

Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación de Galicia. Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 3 de agosto de 2018 (Programa Principia).

Principia

Programa PRINCIPIA (exp. 007-IN848C2017/1858792)

Axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i. Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación de 8 de xuño de 2017 (Programa Principia).

Principia

Programa PRINCIPIA (exp. 28-IN848C 2016/1883394)

Axudas á contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D. Persoal cofinaciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño do 2016 (Programa Principia).

Principia

Xestión de establecementos de tecidos: sistema de codificación e xestión de Stock, Trazabilidade e Alertas de biovixilancia (exp. IN852A 2014/67)

Axuda concedida: 178.898,78 euros.

O proxecto busca definir un etiquetado, conforme ao novo código único europeo e baixo condición ambientais de frío extremo, a través de compoñentes RFID e NFC que permita realizar unha lectura en tempo real do estado e localización dos tecidos. Este etiquetado apoiarase nun sistema que integre e automatice os procesos relacionados co transplante de tecidos a nivel hospitalario e cuxa principal utilidade será unha mellora nas tarefas de biovixilancia.

PLEXUS actúa como representante da agrupación promotora deste proxecto.

ConectaPYME

Axuda do Programa de incentivos á contratación temporal (exp. TR349J 2016/11-1)

Axuda á contratación temporal de persoas desempregadas que esgotaron a prestación por desemprego.

Foi concedida ao abeiro do Programa de incentivos á contratación temporal da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciada ao oitenta por cento polo Fondo Social Europeo (FSE), mediante o Programa Operativo do FSE de Galicia 2014-2020.

Axuda do Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (exp. TR349A 2016/18-1)

Axuda á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotaron a prestación por desemprego.

Foi concedida ao abeiro do Programa de incentivos á contratación indefinida inicial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciada ao ochenta por cento polo Fondo Social Europeo (FSE), mediante oPrograma Operativo do FSE de Galicia 2014-2020.

Economía y FSE

Mellora do proceso de creación de novos produtos e servizos TIC mediante o estudo comparativo de plataformas abertas de Internet das Cousas (IoT)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario dunha axuda para o apoio ás agrupacións empresariais innovadoras con obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Proxecto de mellora do proceso de creación de novos produtos e servizos TIC (2015).

PLEXUS participa neste proxecto financiado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

AEI Minetur

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres