Formación

Formación

PLEXUS é unha empresa dinámica e con altos estándares de calidade, decidida a responder con eficacia a un entorno esixente, no que resulta fundamental adaptarse ao mercado e dar resposta ás novas demandas de atención ou satisfacción ao cliente.

Por todo iso, esixe novos perfís profesionais, competentes e cualificados.

Spoiler: Highlight to view

Estes novos perfís profesionais, necesarios para dar resposta á constante evolución dos mercados, son difíciles de atopar nun sector TIC en crecemento, globalizado e fortemente competitivo.

Ante esta situación PLEXUS opta pola formación continua do seu cadro de persoal, impulsando unha cultura de ensinanza-aprendizaxe activo e permanente ao que teñen dereito os seus profesionais, e que está destinada a actualizar e mellorar os coñecementos, habilidades e actitudes ante a evolución tecnolóxica, a esixencia dos mercados -por exemplo, na área de idiomas- e as demandas e necesidades específicas dos clientes.

Os seus obxectivos de formación continuada impartida en PLEXUS:

  • Garantir a actualización dos coñecementos dos profesionais e a permanente mellora da súa cualificación, así como incentivalos no seu traballo diario e incrementar a súa motivación profesional.
  • Potenciar a capacidade dos profesionais para efectuar unha valoración equilibrada do emprego dos recursos en relación co beneficio que poden derivar dese emprego.
  • Xeralizar o coñecemento, por parte dos profesionais, dos aspectos técnicos, legais, sociais, culturais e económicos relacionados coa tecnoloxía.

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres