A Bolsa de Londres entrégalle a Antonio Agrasar a acreditación de PLEXUS coma "Empresa que inspira a Europa"

13/09/2016

Nun acto celebrado hoxe en Madrid con asistencia do Secretario de Estado de Economía

O programa de recoñecemento ás empresas de gran potencial conta no noso país co respaldo da CEPYME (Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa)

A Bolsa de Londres entrégalle a Antonio Agrasar a acreditación de PLEXUS coma "Empresa que inspira a Europa"

Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado de PLEXUS, recibiu esta mañá en Madrid a acreditación que a Bolsa de Londres lle otorgou á súa compañía coma unha das “1000 empresas que inspiran a Europa”. O acto contou coa asistencia do Secretario de Estado de Economía, Íñigo Fernández de Mesa, e destacados inversores, axentes de bolsa e empresarios, tendo como marco o salón de actos da CEPYME, impulsora en España do programa ELITE de apoio ás empresas de gran potencial.

PLEXUS foi distinguida pola súa aposta tecnolóxica, crecemento económico e capacidade de creación de emprego durante os últimos exercicios.

As 1000 empresas que inspiran a Europa, é un informe único que elabora e difunde o London Stock Exchange Group, no que, segundo os representantes da entidade, “examínanse polo miúdo as oportunidades e os retos que asumen as compañías en cada un dos seus sectores e cómo van definindo o futuro da economía europea”. Na UE existen 23 millóns de pequenas e medianas empresas.

PLEXUS, INSPIRADORA PARA EUROPA

PLEXUS, cunha plantilla de 600 traballadores, conta con solucións TIC e de mobilidade propias para Sanidad, Educación, Turismo, grandes áreas comerciales, etc., que se aplican xa en tres continentes, Europa, América e Asia.

Segundo subliñou Antonio Agrasar no transcurso do acto de hoxe, “PLEXUS é o resultado da combinación de estratexia empresarial; posicionamento nun sector de futuro; alianzas acertadas con socios de negocio de relevancia mundial; reinversión de beneficios; cualificación profesional; e desenvolvemento de produtos propios”. “Todo isto permitiunos ser competitivos nos distintos segmentos do mercado TIC internacional”, engadiu.

O Conselleiro Delegado de PLEXUS, logo de felicitar a cantos conforman o seu equipo de traballo e aos seus aliados, manifestou que entre os seus retos inmediatos está “o desenvolvemento de novos produtos de calidade, competitivos e moi ligados á demanda dos distintos mercados”. “Realizarémolos -manifestou- en colaboración cos nosos clientes e socios de negocio, dando respuesta en tiempo real á transformación digital, ao Big Data e ao internet das cousas”.

SÓLO 75 EMPRESAS ESPAÑOLAS

No informe sobre as 1000 empresas que inspiran a Europa tan só foron seleccionadas 75 compañías españolas. Todas estas compañías alcanzan o exclusivo perfil que busca a Bolsa de Londres para ser incluído na súa escolma: “Deben demostrar crecementos positivos en ingresos durante os últimos tres anos respecto doutras empresas do seu sector” e manter “o compromiso de xeración de emprego tras a reciente crisis financeira”.

Ademais das empresas españolas, o informe distribúe as pymes inspiradoras en meirande medida en Alemaña, con 170; en Francia e no mesmo Reino Unido distingue a 150 en cada caso; 110 en Italia e,  en quinto lugar, aparece España, con 75. De Portugal resaltan 22 empresas, e de Estonia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Chipre, Malta, Bulgaria ou Eslovenia, cinco.

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres