Entrevista a Antonio Agrasar na COPE: “O coñecemento dos nosos profesionais é o produto por excelencia de PLEXUS”
O CEO de PLEXUS reflexiona na entrevista emitida esta mesma mañá na COPE sobre o que supón para a compañía a reciente publicación do informe "1000 empresas que inspiran Europa".
O informe do London Exchange Group sitúa a PLEXUS entre as 75 empresas españolas máis relevantes polo seu crecemento económico e polo seu compromiso coa contratación. A este respecto, Antonio Agrasar afirma que "o recoñecemento da Bolsa de Londres foi unha sorpresa moi satisfactoria, que nos aporta unha meirande visibilidade como empresa consolidada, tanto dentro coma fóra de España"
Durante a entrevista, Antonio Agrasar fai un percorrido dende os inicios da empresa ata a actualidade, deixando patente cómo os seus profesionais supoñen o maior activo da compañía e unha das razóns que permitiron a PLEXUS afianzarse primeiro no mercado nacional e logo no internacional.
No que atinxe ao futuro, el CEO de PLEXUS asegura: “Gustaríanos seguir medrando y a chave é contar con magníficos profesionais”.
+INFO