Fraternidad Muprespa incorpora Anblick, o sistema de digital signage desenvolvido por PLEXUS, en 107 centros de saúde

16/02/2017

Fraternidad-Muprespa, mutua colaboradora coa Seguridade Social, aposta pola tecnoloxía de PLEXUS para a renovación da súa solución de digital signage en 66 centros de saúde e para a súa ampliación a 41 instalacións máis.

Fraternidad Muprespa incorporates Anblick, the digital signage system developed by PLEXUS, in 107 health centres

A implementación do sistema de cartelería dixital de PLEXUS supón a xestión en rede de máis dun cento de pantallas de 42 pulgadas, instaladas nos centros de saúde que rexenta Fraternidad-Muprespa en toda España.

Tanto nas novas instalacións coma nas migracións dende o sistema anterior cara Anblick, empregouse un sistema de pantalla con minipc integrado, do recoñecido fabricante AOPEN, o que permite a eliminación do uso de cables adicionais e equipos á vista.

A tecnoloxía de PLEXUS mellora á solución existente, engadindo unha administración de contidos áxil e intuitiva, así como a posibilidade de xestionar e monitorizar programacións e pantallas en remoto. Achega, ademais, a posibilidade de actualizar contidos de última hora e de incluír todo tipo de formatos multimedia.

Fraternidad-Muprespa aposta por Anblick coa finalidade de reforzar a súa estratexia de comunicación corporativa, renovándose e ofrecendo información atractiva aos seus usuarios. Para a Mutua, o servizo ofrecido polo sistema de PLEXUS “supón un incremento de eficiencia e automatización da súa infraestrutura”, grazas ás principais características da solución:

  • Xestión centralizada e remota do sistema de cartelería dos 107 centros de saúde
  • Información personalizada por centro e pantalla
  • Posibilidade de integración con outras solucións, como a xestión de quendas
  • Mellora do rendemento do sistema
  • Axilidade na actualización de contidos
  • Optimización de infraestruturas físicas
  • Consumo enerxético responsable

Sobre Anblick

Anblick é un sistema de cartelería dixital (ou digital signage) multiplataforma, desenvolveido por PLEXUS en colaboración con profesionales de diferentes sectores, como a Banca, a Sanidade, o Turismo, etc., partindo da experiencia e das necesidades reais.

Esta solución permite substituír os carteis estáticos e os sistemas de sinalización tradicionais por pantallas e outros dispositivos multimedia para combinar mensaxes de marketing con outro tipo de informacións (noticias, avisos de seguridade, información corporativa...) en tempo real e causando un grande impacto visual.

+info en www.anblick.es

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres