A Fundación EOI selecciona a Plexus como Entidade Especializada en Asesoramento de Industria 4.0

08/11/2017

A Fundación EOI seleccionou a Plexus dentro do Acordo Marco que regula os servizos de asesoramento a empresas beneficiarias doprograma Industria 4.0, promovido polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade a mais polas CCAA.

Ata o vindeiro15 de decembro, Plexus levará a termo a diagnose, asesoramento e formulación do plan de transformación dun total de 34 empresas industriais.

Transformación dixital en empresas industriais

Plexus resultou adxudicataria do Acordo Marco para a selección de entidades especializadas en asesoramento de Industria 4.0, cuxo obxectivo é favorecer a transformación dixital das empresas que desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva.

Na selección de Plexus como entidade asesora especializada, tiveron peso tanto a súa experiencia en implantación de proxectos dixitais, como o seu fondo coñecemento de Big Data, Mobilidade, Conectividade, Ciberseguridade, IoT, Robótica e Automatización, entre outros habilitadores da transformación dixital aplicables ás empresas beneficiarias do programa.

Asesoramento personalizado para a Transformación Dixital

Plexus prestará asesoramento personalizado a 34 empresas industriais, realizando para cada unha delas unha diagnose de situación sobre a que fundamentar unha proposta específica de transformación, que defina as oportunidades de dixitalización e mellora tecnolóxica detectadas, así como as actuacións necesarias para levalas a termo con éxito.

O Plan de Transformación Digital da Empresa, obxectivo fundamental do servizo, abordará os distintos ámbitos do proceso, dende a dixitalización da organización ata a dixitalización da experiencia de cliente, pasando pola transformación dixital dos productos e servizos, dos procesos e mais dos sistemas.

Para isto, Plexus partirá dunha definición clara de obxectivos e retos para a dixitalización das diferentes etapas da cadena de valor, fundamentando as propostas realizadas nunha análise comparada de tecnoloxías e solucións aplicables, así como no estudo de casos de éxito concretos, co gallo de identificar, propoñer e detallar as iniciativas de transformación que contribuirán de xeito efectivo a mellorar a productividade e a competitividade da PEME.

Obradoiros e demostracións prácticas

Durante a prestación do servixo, Plexus porá en marcha 15 obradoiros nos que realizará demostracións prácticas sobre as funcionalidades e casos de uso de distintas tecnoloxías e produtos TI, aplicables á empresa industrial e que poden redundar nunha meirande eficiencia do negocio e dos seus procesos produtivos.

Amais dos obradoiros tecnolóxicos, Plexus inclúe na programación a presentación de 5 casos de éxito de transformación dixital de empresas que integraron a tecnoloxía nos seus procesos cun retorno de beneficios evidente.

Atención e soporte continuados

No tempo de prestación do servizo de asesoramento, Plexus porá á disposición das empresas beneficiarias un Centro de Atención (CAU) que servirá de punto de contacto permanente para a concertación e planificación de visitas, a programación de reunións, a participación en obradoiros e, en xeral, para calquera cuestión ou consulta que a empresa asesorada necesite comunicar.

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres