PLEXUS contribúe á creación de emprego no sector TIC, colaborando coas becas do Centro de Excelencia de Desenvolvemento e Innovación (CEDEI)

24/01/2017

O obxectivo desta iniciativa consiste en conxugar os coñecementos académicos en Tecnoloxías da Información coa realidade das empresas tecnolóxicas de cara a formar parte da Transformación Digital

O Instituto Tecnolóxico e de Enerxías Renovables (ITER), a través do Centro de Excelencia de Desenvolvemento e Innovación (CEDEI), pon en marcha un programa formativo remunerado dirixido a impulsar a entrada no mercado laboral de titulados do sector tecnolóxico.

PLEXUS colabora con esta iniciativa do Cabildo de Tenerife xunto con ATOS, outra das empresas punteiras do sector, acollendo a novos profesionais nun proxecto de aprendizaxe totalmente práctico, no que traballarán con casos reais e coñecerán de primeira man os frameworks, metodoloxías e ferramentas que empregan as empresas tecnológicas líderes do mercado.

Finalizado o período de entrenamento, PLEXUS comprométese a contratar alomenos durante un ano a gran parte dos participantes, aos que incorporará á súa plantilla actualmente formada por máis de 600 profesionales.

Antonio Agrasar, CEO da empresa, ratifica con esta colaboración “a importancia da formación continuada e da incorporación de novos talentos como base da filosofía de PLEXUS”.

Requisitos dos participantes

Os candidatos ás prazas de formación deberán acreditar estudos universitarios técnicos (enxeñerías, matemáticas, física…) ou CFGS da familia informática, ademais de coñecementos de inglés. Para optar aos postos, terán que mandar o seu currículo e  unha carta de motivación antes do 20 de febreiro.

Máis información sobre a inscrición e participación no programa en www.iter.es

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres