Plexus levará ás empresas industriais cara á Industria 4.0

27/09/2017

Plexus vén de ser seleccionada polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade como asesora do Programa Activa Industria 4.0 para as comunidades de Galicia e Madrid.

O programa, impulsado pola Secretaría Xeral de Industria e da PYME, en colaboración coa EOI e coas CCAA, pretende favorecer a transformación dixital das empresas que desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva.

O prazo de solicitude finaliza o vindeiro venres, 29 de setembro.

Principais habilitadores da Industria 4.0

A consultora Plexus foi seleccionada para a execución do Programa Activa Industria 4.0, por mor da súa acreditada experiencia na implantación de proxectos dixitais e mais polo seu grande coñecemento de Big Data, Mobilidade, Conectividade, Ciberseguridade, Internet das Cousas, Robótica, Automatización, e outros habilitadores da transformación dixital de empresas e administracións.

Ao abeiro do programa, Plexus realizará un asesoramento personalizado coas empresas industriais de Galicia e Madrid, partindo dun Diagnóstico de Situación que avalíe a madurez tecnolóxica das organizacións. A partir do diagnóstico preliminar, Plexus definirá un Plan de Transformación, no que se identificarán os habilitadores necesarios para a transformación dixital e establecerá a Folla de Ruta do proceso que levará a empresa cara á Industria 4.0.

As axudas, que achegan dous terzos do custo do asesoramento para a transformación dixital, van dirixidas a empresas de calquera tamaño que desenvolvan ou vaian desenvolver unha actividade industrial produtiva. O prazo de solicitude finaliza o vindeiro 29 de setembro.

+INFO

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres