PLEXUS patrocina o NOSday 2017

24/05/2017

PLEXUS colabora como patrocinador principal da terceira edición do Northwest Startup Day, que se celebrará en Santiago o vindeiro 17 de xuño.

A xornada persegue achegar o maior valor ás startups, a partir de coñecemento medido, validado e transferible, obxectivo que animou a Antonio Agrasar, CEO de PLEXUS, a patrocinar o evento.

PLEXUS patrocina o NOSday 2017

O Northwest Statup Day é un ciclo de conferencias concentrado nunha única xornada, que este ano terá lugar o sábado 17 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A partir das 16:00, iranse sucedendo as intervencións, protagonizadas por fundadores e CEOs de startups amplamente recoñecidas.

PROGRAMA

16:00
Carina Szpilka, KFund
Carina é fundadora y General Partner de KFund, un fondo de venture capital que inviste nas fases iniciais de startups tecnolóxicas. Ademais, senta nos Consellos de multinacionais como Meliá, Grifols, Abanca e outras. Os seus inicios tiveron lugar no sector financeiro, onde chegou a CEO de ING Direct en España.

16:45
David Bonilla, Comalatech
David é CEO de Comalatech, unha compañía de software canadiense que se dedica principalmente ao desenvolvemento de plugins para produtos de Atlassian. David tamén é autor de "Bonillaware" unha newsletter semanal con máis de 7 mil lectores. Previamente, David fundou a startup Otogami e traballou en Atlassian coma evanxelista para Europa e Oriente Medio.

17:30
Angélica Lozano, mLean
Agélica é cofundadora e CTO de mLean, unha startup con base en Valladolid que acompaña a fabricantes e provedores do sector da automoción no seu camiño cara á Industria 4.0. Previamente, ocupou o mesmo cargo na startup Solid Gear e foi parte do equipo de I+D de Telefónica en Madrid.

18:15
Pausa para café e networking

19:00
Eloi Gómez, MrJeff
Eloi é cofundador e CEO de MrJeff, unha empresa tecnolóxica que desenvolve servizos de tinturqría e lavandqría. MrJeff xa conta con máis de mil clientes semanais e foi premiada no 2016 pola rede de investidores Big Bang Angels.

19:45
ForoCoches vs. Menéame
Alejandro Marín  é fundador de ForoCoches, un foro en español orientado á automoción que permite a creación de fíos de discusión sobre practicamente calquera tema. Dani Seijo é CEO de Meneame.net e cofundador de Diariomotor e Qué coche me compro. Por primeira vez, os CEOs das dúas comunidades online con máis usuarios en España cara a cara.

20:30
Juan De Antonio, Cabify
Juan é fundador e CEO de Cabify, unha startup española de máis de 1.000 empregados que está poñendo patas arriba o sector do transporte en 36 ciudades de todo el mundo.

21:30
The NOSnight: Dinner and party by NOSday

+ Info e entradas en www.nosday.com

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres