PLEXUS, patrocinador do #SilverBullet17

04/05/2017

Organizado polo CPETIG (Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática) e a AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia), o Congreso nace co propósito de converterse nunha xornada de referencia arredor da Xestión de Proxectos de Software.

PLEXUS, patrocinador do #SilverBullet17

O #SilverBullet17 é un foro de discusión e debate aberto a todas as empresas vinculadas á xestión de proxectos de software, así como aos expertos, investigadores e docentes implicados na formación dos futuros profesionais do sector.

O congreso pretende reunir a oferta e a demanda do sector das Novas Tecnoloxías nun espazo de encontro que propicie o intercambio de opinión e experiencias, á vez que facilita oportunidades de negocio entre colaboradores e participantes.

A xornada, que terá lugar o 11 de maio, a partir das 9:00, na Cidade da Cultura, busca fomenta a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos, e liderado, ademais de contribuír á difusión das tendencias metodolóxicas no ámbito da xestión de proxectos de software.

PLEXUS, compañía dirixida por Antonio Agrasar, no seu firme compromiso co desenvolvemento do sector tecnolóxico en Galicia, e como defensora que é da reciclaxe profesional e da formación continuada como medio para alcanzar a excelencia a través da innovación, contribúe co #SilverBullet17 como patrocinador do evento, que contará con relatores de recoñecida relevancia profesional.

Máis información e inscrición en silverbullet.cpetig.org

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres