RSC

RSC

PLEXUS é unha empresa socialmente responsable. Mantén dende a súa fundación unha contribución activa e voluntaria coa prosperidade social, económica e ambiental, que incluso transcende á súa decisión empresarial para mellorar a súa competitividade, recoñecemento e valor engadido.

PLEXUS é unha empresa contemporánea, moderna, responsable e solidaria, que respecta e cumple as leis e normas vixentes, entendendo as mesmas como obligacións inherentes á súa actividade, pero que ademais se somete aos principios sociais de democracia, autoaxuda, apoio á comunidade e xustiza distributiva.

Spoiler: Highlight to view

Vontade positiva

Para a Organización Internacional do Traballo (OIT) a responsabilidade social da empresa é o conxunto de accións que toman en consideración as empresas para que as súas actividades teñan repercusións positivas sobre a sociedade e que afirman os principios e valores polos que se rexe, tanto nos seus propios métodos e procesos internos como na súa relación cos demais actores.

A Responsabilidade Social Empresarial é unha iniciativa de carácter voluntario. É unha forma de xestión que se define pola relación ética da empresa cos accionistas,  e polo establecemento de metas empresariais compatibles co respecto ou a diversidade e promovendo a reducción das desigualdades sociais.

Negocio e solidaridade

PLEXUS entende que a xestión responsable da empresa implica que esta actúe conciliando os intereses do negocio e as expectativas que ten dela a comunidade.

As principais responsabilidades éticas de PLEXUS cos traballadores e a comunidade son:

  • Servir á sociedade con produtos útiles e en condicións xustas
  • Crear riqueza da maneira máis eficaz posible
  • Respectar os dereitos humanos cunhas condicións de traballo dignas que favorezcan a seguridade, a saúde laboral e o desenvolvemento humano e profesional dos traballadores
  • Procurar a continuidade da empresa e, se é posible, lograr un crecemento razonable
  • Respectar o medioambiente evitando no posible calquera tipo de contaminación minimizando a xeración de residuos e racionalizando o emprego dos recursos naturais e enerxéticos
  • Cumplir con rigor as leis, reglamentos, normas e costumes, respectando os lexítimos contratos e compromisos adquiridos
  • Procurar a distribución equitativa da riqueza xerada
  • Cumplir a lexislación
  • Manter unha ética empresarial
  • Supervisar as condicións laborais e de saúde dos/as traballadores
  • Revisar a eficiencia enerxética da empresa
  • Empregar correctamente a auga
  • Loitar contra o cambio climático
  • Avaliar os riscos ambientais e sociais
  • Supervisar a adecuación da cadea de subministración
  • Deseñar e implementar estratexias de asociación e colaboración
  • Implicar aos empregados nas boas prácticas de Responsabilidade Social Empresarial
  • Construir accións de marketing baseadas na reputación corporativa
  • Mellorar as posibilidades e oportunidades da comunidade onde se establece a empresa

Decenas de iniciativas

Como exemplos das accións promovidas por PLEXUS no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa e a Responsabilidade Social Empresarial, hai que mencionar:

  • Reinversión de beneficios

Dende a súa fundación PLEXUS reinvestiu todos os seus beneficios na creación de riqueza e emprego alí onde se instalou, destinando unha parte dos mesmos a obras de carácter social e solidario.

  • Instalacións e produtos accesibles e ecolóxicos

Tódalas sedes de PLEXUS gozan de máxima accesibilidade para persoas con discapacidade física e sométense ás máis estrictas normas de calidade medioambiental.

PLEXUS fomenta en cada un dos seus produtos o acceso universal a tódolos recursos, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de rede, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos usuarios.

PLEXUS colabora con organismos oficiais en programas de voluntariado dixital orientados a cubrir as carencias tecnolóxicas de colectivos en risco de exclusión social, como as persoas maiores ou os discapacitados.

  • Formación continuada

PLEXUS optou pola formación continua do seu cadro de persoal, impulsando unha cultura de ensinanza-aprendizaxe activo e permanente ao que teñen dereito os seus profesionais, e que está destinada a actualizar e mellorar os coñecementos, habilidades e actitudes ante a evolución tecnolóxica, a esixencia dos mercados -por exemplo, na área de idiomas- e as demandas e necesidades específicas dos clientes.

  • Cursos con compromiso de contratación

PLEXUS estendeu os beneficios neste ámbito a institucións e cidadáns establecendo para iso vínculos con Universidades e entidades sociais que lle permiten ofrecer oportunidades de emprego a novos talentos. Para iso, desenvolveu cursos con compromiso de contratación para os mellores alumnos.

  • Apoio aos emprendedores

PLEXUS colabora cun dos programas que impulsa REDEMPRENDIA, a red de universidades que promove a innovación e o emprendemento responsables co apoio do BANCO DE SANTANDER. Trátase do programa DESAFÍO MILLENNIALS, deseñado para detectar e fomentar o espíritu emprendedor entre os mozos universitarios de distintas universidades do Espazo Iberoamericano.

  • Empresa familiarmente responsable

PLEXUS posúe o certificado de Empresa Familiarmente Responsable, expedido pola Fundación MásFamilia e avalado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. O selo recoñece a aquelas organizacións implicadas na xeración dunha nova cultura do traballo que permite unha eficaz harmonía entre a esfera laboral, a familiar e a persoal, tal e como demanda a sociedade.

  • Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i)

Case tódalas actividades promovidas por PLEXUS mediante a súa política de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) son potencialmente xeradoras de avances sociais en forma de calidade de vida, mellora do medioambiente, a saúde, etc.

  • Compromiso coa calidade educativa

O Ministerio de Educación concedeulle a PLEXUS o distintivo de calidade Selo Escola 2.0, que supón o recoñecemento do compromiso da entidade co desenvolvemento e mellora da calidade educativa mediante o emprego das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).

  • Filantropía

PLEXUS colabora altruistamente con entidades de discapacitados físicos e psíquicos, promoveu galas solidarias a escala nacional contra o Alzhéimer e, ademais de apoiar a escolas infantís hospitalarias, patrocina equipos deportivos, foros de emprego, empresas culturais, congresos internacionais, investigacións científicas, premios de recoñecemento social e profesional, publicacións solidarias e programas de vínculo cos emigrantes.

  • Calidade certificada

Os produtos e servizos de PLEXUS están certificados polos estándares de calidade: ISO 9001, ISO 20000, ISO 14001, ISO 27001, ISO15504, OHSAS 18001

PLEXUS dispón ademais da súa plantilla de persoal certificado en ITIL Foundation V3 e CompTIA A+ (Certificación específica de técnicos de soporte microinformático especializado).

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres