Sobre PLEXUS

PLEXUS' Head Office

PLEXUS é unha compañía de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) especializada na prestación de servizos de alto valor engadido. Conta no seu cadro de persoal con preto de 800 profesionais expertos en proxectos complexos, implantación e mantemento de infraestruturas telemáticas, desenvolvemento de aplicacións, deseño de enxeñarías, ou instalación de sistemas informáticos.

PLEXUS está presente en case tódolos sectores económicos en consonancia coas demandas do mercado, e entre os seus partners e clientes figuran as principais multinacionais de novas tecnoloxías, telecomunicacións, banca, transporte, seguridade, distribución, consumo, ocio, ou medios de comunicación, con un prestixio contrastado en ámbitos como a educación, a sanidade, os servizos sociais, o comercio, ou o turismo.

PLEXUS realiza unha gran inversión en I+D+i, promove a actualización permanente dos seus equipos nas metodoloxías de vangarda, favorece a formación e o emprego, e reinviste os seus beneficios na súa expansión, que abrangue todo o territorio español, Bélxica, Chile, Gran  Bretaña e México.

PLEXUS destina os seus beneficios ao avance sostible e solidario, co obxectivo de crear riqueza e emprego. Esta estratexia permitiu un crecemento continuado, cun incremento de facturación e cadro de profesionais.

Spoiler: Highlight to view

A mellor acreditación de PLEXUS é o traballo, a competitividade e a excelencia no servizo

PLEXUS creouse no ano 2000 como resposta empresarial ás demandas e oportunidades que a innovación tecnolóxica fixo posibles nalquel entón, e destacadamente para a industria, o comercio e a administración.

Dende a súa constitución, PLEXUS contribuíu en proxectos que alcanzaron relevancia mundial, como a primeira televisión europea en emitir en tempo real por internet, o que lle permitiu adquirir experiencia e recursos para investir en I+D+I, formación de persoal, conquista de novos mercados, e desenvolvemento gradual de produtos competitivos propios como os sistemas Anblick, de cartelería dixital; Quenda, de xestión de citas e turnos; Quenda Medic; a Plataforma Web e Intranet Corporativa Webpyme; Puntos de Información Multimedia (PIMs) ou Kioscos Dixitais; Educ@r, armario de carga e custodia de ordenadores portátiles... manufacturas e servizos acreditados polos máis esixentes certificados ISO.

As patentes e a traxectoria de PLEXUS foron recoñecidas co distintivo de Calidade Escola 2.0 do Ministerio de Educación; ou a certificación ITK que outorga o Sistema Nacional de Saúde do Reino Unido, National Health Service.

PLEXUS mantén o seu compromiso fundacional coa creación de riqueza e emprego en tódolos mercados aos que chega, tanto nacionais como internacionais, implicándose ademais en accións solidarias, especialmente dirixidas aos máis desfavorecidos, e sostén un diálogo permanente con todos os sectores sociais, outorgándolle singular consideración ao seu vínculo coas Universidades de Europa e América.

Onte, hoxe e sempre, en PLEXUS a prioridade é proporcionar as solucións que os clientes necesitan, comprometéndose e implicándose co seu negocio e o seus obxectivos

Contacto

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Podes contactar connosco no 902 998 005

Se o prefires, déixanos os teus datos e chamámoste nós

+info

Responsable (tratamento)

TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L.

José Villar Granjel 22-24. Polígono de Boisaca - Santiago de Compostela

Finalidade

Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso aos nosos produtos e servizos

Lexitimación

Baseado no consentimento expreso por parte do usuario

Dereitos

Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.

Exercicio dos dereitos

email rgpd@plexus.es

Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres